Convenio colectivo - do CONCELLO DE CAMARIÑAS, La Coruña

Inicio de Vigencia 1 de Enero de 2010
Fin de Vigencia31 de Diciembre de 2010
Publicado enBoletin Provincial de A Coruna nº 140 de 23/07/2010

Administración Autonómica

Xunta de Galicia

Consellería de Traballo e Benestar

Departamento Territorial da Coruña

Servizo de Relacións Laborais

Convenio colectivo do Concello de Camariñas

Servizo: RELACIÓNS LABORAIS

Asunto: Convenio colectivo

Visto o expediente do convenio colectivo do CONCELLO DE CAMARIÑAS (código convenio 1504782), que tivo entrada neste Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar o día 19.04.2010, complementado os días 07.06.2010 e 12.07.2010 e subscrito pola parte económica polo concello e pola parte social polo comité de empresa os días 03.12.2009 e 20.05.2010, de conformidade co disposto nos artigos 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e o Real decreto 2412/82, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, este Departamento Territorial

ACORDA:

PRIMEIRO.- Ordenar a súa inscripción no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante neste Departamento Territorial, e notificación á representación económica e social da Comisión Negociadora.

SEGUNDO.- Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C).

TERCEIRO.- Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

A Coruña, 13 de xullo de 2010

O xefe territorial de Traballo e Benestar

Luis Alberto Álvarez Freijido

CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE CAMARIÑAS

INDICE:

CAPÍTULO I: Condicións xerais

Artigo 1. Representación e lexitimidade.

Artigo 2. Ámbito persoal de aplicación.

Artigo 3. Ámbito funcional e natureza xurídica.

Artigo 4. Ámbito territorial.

Artigo 5. Ámbito temporal: vixencia, duración, prórroga e denuncia.

Artigo 6. Obxecto e substitución de condicións.

Artigo 7. Indivisibilidade do acordo.

Artigo 8. Condicións máis beneficiosas e aplicación favorable: interpretación do acordo.

Artigo 9. Compensación e absorción.

Artigo 10. Irrenunciabilidade.

Artigo 11. Aplicación directa.

Artigo 12. Aplicación preferente.

Artigo 13. Publicidade do convenio.

Artigo 14. Conflictividade laboral.

Artigo 15. Funcións e tarefas do persoal.

CAPÍTULO II: Xornada de traballo, calendario e vacacións

Sección 1.ª: Xornada e calendario laborais.

Artigo 16. Xornada e horario de traballo.

Artigo 17. Réxime de especial dedicación.

Artigo 18. Xornada de verán.

Artigo 19. Semana do Nadal e Semana do Carme .

Artigo 20. Traballo en períodos nocturno

Artigo 21. Traballo en período festivo.

Artigo 22. Traballo en quendas.

Artigo 23. Horas extraordinarias.

Artigo 24. Calendarios.

Sección 2.ª: Vacacións, permisos, licenzas e situacións administrativas

Artigo 25. Vacacións.

Artigo 26. Premio especial de antigüidade.

Artigo 27. Permisos, licenzas e excedencias.

Artigo 28. Cómputo de prazos e coincidencia dos días das solicitudes.

Artigo 29. Tramitación.

CAPÍTULO III: Retribucións

Artigo 30. Conceptos retributivos.

Artigo 30 bis. Recoñecemento de servizos prestados noutras administracións.

Artigo 31. Retribucións do persoal que desempeñe accidentalmente ou temporalmente outro posto superior ao do seu grupo.

Artigo 32. Cláusula de actualización salarial.

Artigo 33. Indemnizacións.

Artigo 33 bis. Indemnización por vehículo propio dentro do termo municipal

Artigo 34. Anticipos.

CAPÍTULO IV: Axudas e melloras económicas, sociais, asistenciais e profesionais

Artigo 35. Asistencia xurídica.

Artigo 36. Fondo de pensións.

Artigo 37. Seguros de vida, accidente e invalidez.

Artigo 38 Incapacidade temporal.

Artigo 39 Capacidade diminuída.

Artigo 40. Integración dos minusválidos.

Artigo 41 Axudas sociais

CAPÍTULO V: Condicións de seguridade e saúde laborais

Artigo 42. Dereitos e deberes en materia de seguridade e saúde laboral.

Artigo 43. Comité de seguridade e saúde laborais.

Artigo 44 . Revisión médica e roupa adecuada.

Artigo 45. Funcións do Comité de Seguridade e Saúde.

Artigo 46. Actividades tóxicas, penosas ou perigosas.

CAPÍTULO VI: Dereitos e garantías sindicais

Artigo 47. Dereitos xerais sindicais do persoal.

Artigo 48. Do dereito a actividade sindical.

Artigo 49. Das Seccións Sindicais

Artigo 50. Do dereito á representación colectiva.

Artigo 51. Dos dereitos de asemblea e reunión.

Artigo 52. Dos dereitos de negociación e participación colectiva.

Artigo 53. Do dereito á folga.

CAPÍTULO VII: Selección, clasificación, provisión de postos de traballo e fomento da promoción e da formación

Artigo 54. Relación de postos de traballo.

Artigo 55. Da clasificación profesional.

Artigo 56. Da selección do persoal: formas de ingreso.

Artigo 57. Da provisión de postos de traballo e promoción do persoal.

Artigo 58. Do fomento da promoción interna e da consolidación de emprego temporal.

Artigo 59. Do fomento da formación do persoal.

CAPÍTULO IX: Réxime sancionador e disciplinario

Artigo 61

CAPITULO X: Seguimento e Control

Artigo. 62. Comisión Paritaria de seguimento e control.

DISPOSICIÓN STRANSITÓRIAS

Primeira.

Segunda.

Terceira.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira.

Segunda.

Terceira.

Cuarta.

Quinta.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

ANEXO I. Horarios.

ANEXO II. Esquema afinidade-consanguineidade.

CAPÍTULO PRIMEIRO

Condicións xerais

Artigo 1. Representación e lexitimidade.

As partes concertantes deste convenio colectivo (en adiante, e respectivamente, CC ) son o Concello de Camariñas a representación legal do persoal traballador/a, actuando como asesores as organizacións sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG) e Unión Xeral de Traballadores (UXT), constituídos todos os citados en Comisión negociadora ó abeiro do establecido no Estatuto dos traballador/as e máis na Lei 11/1985, de 2 de agosto, lei orgánica de liberdade sindical, e recoñecéndose mutuamente as partes lexitimidade como interlocutores válidos para negociar e asinar este convenio.

Artigo 2. Ámbito persoal de aplicación.

As normas contidas neste convenio colectivo serán de aplicación a todo o persoal laboral que preste servizos neste concello . Non se aplicarán os efectos económicos deste convenio nos casos de convenios de colaboración ou de subvencións con outras Administracións Públicas para o fomento do emprego e a inserción laboral. Nestes casos as retribucións serán as determinadas polo propio convenio de colaboración ou subvención.

Artigo 3. Ámbito funcional e natureza xurídica.

  1. As estipulacións conformadoras deste texto (CC) para persoal laboral do Concello de Camariñas, A Coruña, así como os compromisos nel reflectidos relativos a materias económicas, laborais, asistenciais, sindicais ou, en xeral, cantas afecten ás condicións de emprego, retributivas e ó ámbito das relacións dos representantes dos empregado/as públicos municipais e as súas organizacións representativas co empresario, teñen carácter de norma reguladora das relacións individuais de traballo comprendidas no ámbito deste Concello, e son vinculantes para as partes negociadoras e para todos os empregados/as ós que lles sexa de aplicación, segundo o determinado no artigo anterior. A validez do CC queda en calquera caso supeditada á súa aprobación polo Pleno da Corporación.

  2. O presente convenio esténdese tamén ao persoal laboral dos organismos autónomos dependentes do Concello de Camariñas.

    Artigo 4. Ámbito territorial.

    O propio da demarcación territorial municipal e ó que puidese estenderse en comisión de servizos.

    Artigo 5. Ámbito temporal: vixencia, duración, prórroga e denuncia.

  3. Vixencia: Este acordo terá vixencia normativa dende o día da súa aprobación polo Pleno, se ben o disposto nas súas cláusulas económicas quedará supeditado á dotación orzamentaria.

  4. Duración: O convenio asínase por un período de .... anos, a contar para estes efectos dende a data da súa aprobación en pleno, sen prexuízo de que as retribucións fixadas nel sexan revisadas anualmente tendo en conta as previsións da Lei de Orzamentos Xerais do Estado sobre incrementos retributivos.

  5. Prórroga: O acordo entenderase prorrogado expresa, temporal e accidentalmente ata a entrada en vigor doutro que o substitúa, e por períodos anuais en ausencia de denuncia expresa, por resolución tácita.

  6. Denuncia: Efectuarase por calquera das partes con tres meses de antelación ao remate da súa vixencia ou de calquera das súas prórrogas, co obxecto de iniciar as deliberacións e negociacións dun novo acordo nunha data non posterior a un mes contado a partir do día seguinte ao da denuncia.

    Artigo 6. Obxecto e substitución de condicións.

    O convenio regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo do persoal do Concello de Camariñas, e a súa entrada en vigor implica a substitución ou renovación das condicións laborais vixentes ata dita data polas que se establecen nel, ao considerarse que as modificacións que recolle son apreciadas e aceptadas, en conxunto, como máis beneficiosas para os traballadores/as.

    Artigo 7. Indivisibilidade do acordo.

    Este convenio ten un carácter indivisible, constituíndo as condicións pactadas un todo orgánico e unitario, non sendo posible a aplicación de parte do seu articulado rexeitando o resto, senón que sempre haberá de aplicarse e observarse na súa integridade.

    Artigo 8. Condicións máis beneficiosas e aplicación favorable: interpretación do acordo.

  7. As melloras establecidas noutras disposicións de calquera rango que sexan superiores ás do convenio, serán de aplicación consonte ao principio de norma máis favorable ou condición máis beneficiosa para os empregado/as públicos, con exclusión de situacións singulares e sen prexuízo do previsto no artigo seguinte.

  8. Todas as disposicións establecidas neste convenio deberán ser interpretadas de acordo cos termos no que foron redactadas e da forma que resulte máis beneficiosa para os empregado/as do Concello. En caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade en canto ó seu sentido e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR