Convenio colectivo - Lear Corporation Pontevedra SL, Pontevedra

Inicio de Vigencia 1 de Enero de 2009
Fin de Vigencia31 de Diciembre de 2011
Publicado enBoletin Provincial de Pontevedra nº 170 de 03/09/2010

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Traballo e Benestar

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE VIGO SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS CONVENIOS COLECTIVOS

Visto o texto do convenio colectivo da empresa,GRUPO ANTOLÍN PGA, SAU, con nº de código3604552, que tivo entrada no rexistro único do edi-ficio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo odía 24-05-2010, subscrito en representación daparte económica por unha representación da em-presa, e, da parte social, polo comité de empresa, endata 19-04-2010, e de conformidade co disposto noart. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do24 de marzo, polo que se aproba o texto refundidoda Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito deconvenios colectivos de traballo e Real decreto2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funciónse servizos da Administración do Estado á Comuni-dade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,este departamento territorial,

ACORDA:

Primeiro.—Ordenar a súa inscrición no librorexistro de convenios colectivos de traballo, obrantenesta delegación provincial, e notificación ásrepresentacións económica e social da comisiónnegociadora.Segundo.—Ordenar o seu depósito no Serviciode Relacións Laborais, Sección de Mediación,Arbitraxe e Conciliación.Terceiro.—Dispoñer a súa publicación, no“Boletín Oficial” da provincia.

CAPÍTULO IAMBITO, VIXENCIA E ESTRUCTURA

ARTº 1º. ÁMBITO DE APLICACIÓN O presente Convenio regulará as condicións ásque se haberán de axustar as relacións económicase laborais de todos os traballadores e traballadorasda empresa GRUPO ANTOLIN PGA S.A.U.Afecta ó ámbito territorial da propia empresa noseu centro de traballo actual con domicilio socialen Poligono industrial As Gandaras – Nave R mitadnorte 36475 Porriño – Pontevedra, e calquera outroque se poidese establecer no futuro na provincia dePontevedra, e por extensión a calquera lugar ondeo persoal de Grupo Antolin PGA realice servizospor conta da empresa.O Convenio afecta a totalidade do persoal deGrupo Antolin PGA, así como a todos aqueles tra-balladores e traballadoras que poidan ingresar du-rante a súa vixencia.As condicións que se establezcan no Conveniocolectivo de Grupo Antolin PGA non poderán serinferiores en cómputo global ás establecidas noConvenio colectivo para as empresas do metal sinConvenio propio para a provincia de Pontevedra.

ARTº 2º. VIXENCIA O presente Convenio Colectivo terá una vixenciade tres anos, entrando en vigor dende o día 1 deXaneiro de 2009 e finalizando o día 31 de Decem-bro de 2011.

ARTº 3º. PRÓRROGA E DENUNCIA Quedará automáticamente denunciado con 3meses de antelación ó seu vencemento, prorrogán-dose o actual Convenio ata a entrada en vigor doseguinte.

ARTº 4º. VINCULACIÓN Á TOTALIDADE As condicións aquí pactadas forman un todo or-gánico e indivisible e a efectos da súa aplicaciónpráctica serán consideradas globalmente.No caso de que a xurisdicción laboral declaraseilegal algún artigo de este convenio, únicamenteverase afectado naquilo en que fose modificadopola autoridade xudicial.

ARTº 5º. GARANTÍAS PERSOAIS Se respetaran as condicions económicas queforan superiores as establecidas no presente Conve-nio, consideradas no seu conxunto e en cómputoanual. Tal garantía será de carácter exclusivamenteindividual, sin que poida vincularse a postos detraballo, categorías profesionais ou cales queiraoutras circunstancias análogas. CAPÍTULO IIEMPREGO E CONTRATACIÓN

ARTº 6º. CRITERIOS XERAIS As partes asinantes do presente Convenio consi-deran como obxectivo prioritario o mantemento doemprego e a creación de novos postos de traballo,proporcionando as medidas necesarias para acadartal obxetivo.Garantías para o mantenemento do emprego.Ambas partes conscientes da problemática ac-tual de emprego e da crisis que está vivindo o sec-tor, e co fin de establecer unha serie de medidasprioritarias que puideran ser aplicadas no casodunha eventual caída de ventas establecen un con-xunto de medidas que se aplicarían de maneirapreferente a calquer decisión colectiva. Todas asmedidas indicadas a continuación tendrían carác-ter voluntario para o traballador.

Establécense as seguintes medidas preferentes:— Aplicación da movilidade funcional en susti-tución da subcontratación da fábrica talcomo establece o artigo 9 do presente conve-nio.— Oferta de baixas voluntarias incentivadasmediante unha indemnización a determinarno seu momento.— Oferta de excedencias voluntarias incentiva-das mediante unha indemnización a determi-nar no seu momento— Oferta de reduccións de xornada voluntariassegún a actividade do posto de traballo.— Estudio de prejubiliaciones anticipadas.

ARTº 7º. CONTRATO DE TRABALLO O contrato de traballo será subscrito entre a em-presa e o traballador por escrito, con entrega a éstedun exemplar dentro dos 15 días seguintes á súaincorporación, con arreglo a calquera dos modelosaprobados por disposición de carácter normativo. Farase constar en tódolos contratos de traballoo contido xeral das condicións que se pacten e ogrupo profesional ou categoría na que quede enca-drado o traballador, e en todo caso, o contido míni-mo do contrato.Considérase como contido mínimo do contrato afixación no mesmo de:A identificación completa das partes contratan-tes, a localización xeográfica e denominación, noseu caso, do centro de traballo ó que queda adscri-to o traballador, o domicilio da sede social da em-presa, o grupo, nivel ou categoría profesional , es-pecialidade, oficio ou posto de traballo no quequede adscrito o traballador, a retribución totalanual inicialmente pactada e a expresión e a iden-tificación do Convenio Colectivo aplicable.Entregarase unha copia básica dos contratosque se formalicen por escrito á representación dostraballadores.As empresas notificarán ós representantes legaisdos traballadores as prórrogas dos contratos detraballo da cal a copia básica foi entregada, asícomo as denuncias correspondentes ós mesmos.Os períodos de proba para o persoal de novo in-greso serán os seguintes:— Técnicos titulados6 meses— Técnicos non titulados2 meses— Administrativos1 mes— Subalternos1 mes— Profesionais de oficio1 mes— Peóns, especialistas, contratos de formación.2 semanasNo non regulado estarase ó disposto no artigo 14do Estatuto dos Traballadores.

CONTRATO PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN INDEFINIDA As partes asinantes do presente Convenio acor-dan declarar vigente y de aplicación a DisposicónAdicional 1ª da Lei 12/2001.Para a contratación indefinida a empresa teráen conta o criterio de antigüedade ( suma de con-tratos eventuales na empresa) así como a forma-ción, titulación, experiencia e desempeño no postode traballo obxecto do contrato.

ARTº 8º. CONTRATACIÓN EVENTUAL Grupo Antolin PGA, respectará e recoñecerá aantigüidade do primeiro dos contratos que sucesi-vamente subscríbanse cun mesmo traballador epara un mesmo posto de traballo sempre que nonexista solución de continuidade.As partes firmantes acordan fomentar a contra-tación indefinida seguindo os criterios indicados noartículo 7.2. 1.

CONTRATO EN PRÁCTICAS O contrato de traballo en prácticas so poderáconcertarse con quenes estén en posesión de títulouniversitario ou de Formación Profesional de gradomedio ou superior, ou títulos oficialmente recoñeci-dos como equivalentes, que habiliten para o exerci-cio profesional, dentro dos 4 anos, ou de 6 cando ocontrato se concerte cun traballador minusválido,seguintes á terminación dos correspondentes estu-dos.O posto de traballo será o adecuado para a fina-lidade de facilitar a práctica profesional do traba-llador, para perfeccionar os seus coñecementos eadaptalos ó nivel de estudos cursados.A duración non será inferior a 6 meses nin supe-rior a 24.O período de proba será de 15 días para os tra-balladores en posesión de título de grado medio e 1mes para os de grado superior.Ningún traballador poderá estar contratado enprácticas por tempo superior a 24 meses en virtudeda mesma titulación.A retribución mínima dos traballadores contra-tados baixo esta modalidade será do 70 % duranteo primeiro ano e do 80% durante o segundo do sa-lario fixado no Convenio para un traballador quedesempeñe o mesmo ou equivalente posto de traba-llo Grupo Antolin PGA podrá realizar esta modali-dade de contratación na seguinte cuantía:— Ata 100 traballadores8contratos en prácticas— Máis de 100 traballadores 12 contratos en prácticas 2. CONTRATOS DE FORMACIÓN Terá como obxectivo a adquisición da Forma-ción teórica e práctica necesaria para o adecuadodesempeño dun oficio cualificado.O contrato para a Formación terá unha dura-ción máxima de dous anos.Cando o contrato para a formación se celebrepor un prazo inferior ó máximo establecido no pa-rágrafo anterior, poderase prorrogar antes da súaterminación por acordo de ambas as partes unha oumáis veces, por períodos non inferiores a 6 meses,sen que o tempo acumulado, incluindo as prorro-gas, poda exceder do referido prazo máximo. Opreaviso de finalización do contrato deberá axus-tarse ós prazos e forma que indique o convenio.A idade do traballador estará comprendidaentre os 16 e 20 anos inclusive.O traballador disporá do 15% da xornada paraa formación teórica.Esta formación deberá ser impartida polos Cen-tros de Formación autorizados.Cada tutor non poderá dispoñer de máis de 2traballadores en Formación.A retribución será o S.M.I. para o primeiro ano.Para o segundo será o S.M.I. mais o 10% de dito sa-lario. Sempre en proporción ó tempo de traballoefectivo.A cuantía máxima para a celebración de estoscontratos en cada empresa será a mesma que paraos contratos en prácticas. 3. CONTRATOS A TEMPO PARCIAL Se seguirá lo establecido en la legislación vigen-te. 4. CONTRATOS EVENTUAIS DE DURACIÓNDETERMINADA Por circunstancias do mercado, por acumulaciónde tarefas ou exceso de pedidos.As partes se remiten expresamente a regulaciónestablecida no artigo 8.4 do Convenio do Sector doMetal para as empresas sen convenio propio daProvincia de Pontevedra, respecto a duración má-xima dos contratos eventuais de duración...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR