Extensión - Empleados de fincas urbanas, La Coruña

Inicio de Vigencia 1 de Enero de 2001
Fin de Vigencia31 de Diciembre de 2003

Visto o expediente iniciado a instancia das centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG, de extensión do Convenio colectivo de empregados de predios urbanos de Cataluña para os anos 2001, 2002 e 2003 ós traballadores do mesmo sector da provincia da Coruña, díctase a presente resolución, baseada nos seguintes:

Feitos

Primeiro.

O 20 de decembro de 2001, don Juan Trigo Espiñeira, en representación da Unión General de Trabajadores, don Enrique Llames Pérez, en representación de Comisiones Obreras e don Lois Soto Sabio, en representación da Confederación Intersindical Galega, presentan nesta Delegación Provincial solicitude de extensión do convenio colectivo de empregados de predios urbanos de Cataluña para os anos 2001, 2002 e 2003 -publicado no Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya do 12 de xullo de 2001-, ós traballadores do mesmo sector da provincia da Coruña, argumentando o seguinte:

  1. .-A inexistencia de convenio colectivo para empregados de predios urbanos na provincia da Coruña.

  2. .-A inexistencia de asociacións empresariais lexitimadas para negociar, tal como acreditan na documentación que presentan.

  3. .-A necesidade de regula-las condicións laborais do sector, e especialmente as percepcións económicas, dado o desfase derivado da inexistencia de negociación periódica.

  4. .-A inexistencia de impedimento de tipo económico que impida a extensión solicitada.

    Segundo.

    Por esta Delegación Provincial tramítase o procedemento de extensión solicitado de conformidade co previsto nos artigos 6 a 8 do Real decreto 572/1982, do 5 de marzo, polo que se desenvolve o artigo 92.2 do Estatuto dos traballadores, sobre extensión de convenios colectivos.

    Terceiro.

    O 15 de abril de 2002 recíbese nesta Delegación Provincial o informe emitido pola Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos sobre a extensión solicitada, ó abeiro do artigo 2.3 do Real decreto 2976/1983, do 9 de novembro. Esta comisión, na súa reunión plenaria celebrada o 8 de abril de 2002, adoptou o acordo polo que "procede estima-la petición de extensión do convenio colectivo de empregados de predios urbanos de Cataluña, para os anos 2001/2003, ó mesmo sector de actividade da provincia da Coruña, por concorre-los requisitos previstos no artigo 92.2 do Estatuto dos traballadores, así como no artigo 3 do Real decreto 572/82, do 5 de marzo, debendo producir efectos no novo ámbito a partir do día 20 de decembro de 2001, con finalización dos mesmos, o día 31 de decembro do 2003, non afectando a aquelas empresas e traballadores que teñan convenio propio, e debendo quedar excluídos da extensión, por motivos de homoxeneidade económica a antigüidade prevista no artigo 11 do convenio de empregados de predios urbanos de Cataluña e a gratuidade da vivenda como complemento en especie previsto no artigo 13 do dito convenio".

    FUNDAMENTOS DE DEREITO

    Primeiro.-O artigo 2 do Real decreto 572/1982, do 5 de marzo, establece que a autoridade laboral "poderá estender un convenio colectivo de ámbito superior ó de empresa a unha ou varias empresas ou a un sector, pertencentes ó mesmo ou similar ámbito funcional ou con características económico-laborais equiparables e non vinculadas por dito convenio nin por ningún outro, sexa cal fora o seu ámbito".

    O convenio colectivo para empregados de predios urbanos de Cataluña ten un ámbito funcional que se identifica plenamente co do que se pretende a extensión ó dispoñe-lo seu artigo 2 que "regulará as relacións laborais de traballo entre os propietarios de predios urbanos, sexan persoas naturais ou xurídicas (Cooperativas, comunidades de propietarios, etc.)... e os empregados das mesmas".

    Segundo.-No que atinxe ós motivos esixidos polo artigo 3.1 do citado Real decreto para proceder á extensión solicitada, estímase, a vista da documentación presentada polos solicitantes e das actuacións seguidas nesta Delegación Provincial na ordenación do presente procedemento, que concorre a causa de extensión prevista no apartado a) daquel artigo, por considerar que existen circunstancias que dificultan especialmente a negociación por inexistencia de partes lexitimadas para negociar, conforme o artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

    Terceiro.-O artigo 9.2 do Real decreto 572/1982 establece que "a aplicación do convenio estendido producirá efectos unicamente dende a data na que formalmente se presenta a solicitude de extensión". Tendo en conta que a solicitude de extensión foi presentada nesta Delegación Provincial o 20 de decembro de 2001, os efectos da extensión comenzarán a partir desa data.

    Cuarto.-A Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos, no seu acordo do 8 de abril de 2002, dictamina excluír da extensión, por motivos de homoxeneidade económica, a antigüidade prevista no artigo 11 do convenio de empregados de predios urbanos de Cataluña e a gratuidade da vivenda como complemento en especie contemplada no seu artigo 13. Así, esta delegación provincial, seguindo o antedito criterio, considera inaplicable ó ámbito que nos ocupa os citados artigos 11 e 13, ó abeiro do artigo 9.1 do Real decreto 572/1982, que dispón que "a resolución que se dicte decidirá se é o caso os extremos do convenio inaplicables".

    Por todo o exposto, e vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación,

    Resolvo:

    Declarar procedente a extensión do convenio colectivo de empregados de predios urbanos de Cataluña para os anos 2001, 2002 e 2003 ós traballadores do mesmo sector da provincia da Coruña, nos seguintes termos:

  5. .-Producirá efectos desde o 20 de decembro de 2001 ata o 31 de decembro do 2003.

  6. .-Exclúese da extensión o contido dos artigos 11 e 13 do convenio.

  7. .-Non afectará a aquelas empresas e traballadores que teñan convenio propio.

    Inscríbase a presente resolución no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial e publíquese no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia, figurando como anexo o texto do convenio obxecto de extensión, con excepción dos mencionados artigos 11 e 13, e do artigo 4, referido á vixencia temporal.

    Contra esta resolución poderán interpoñe-los interesados recurso de alzada perante o Excmo. Sr. Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no prazo dun mes a contar dende a súa recepción.

    A Coruña, 18 de abril de 2002.

    A delegada provincial,

    Asdo.: María Reyes Carabel Pedreira.

    ANEXO

    CONVENIO COLECTIVO DE TRABAJO PARA EMPLEADOS DE FINCAS URBANAS DE CATALUÑA PARA LOS AÑOS 2001, 2002 Y 2003

    CAPÍTULO 1

    Disposiciones generales

    Artículo 1.-Ámbito territorial.

    Es de aplicación a la totalidad de los empleados de fincas urbanas de Cataluña (Barcelona, Tarragona, Lleida y Girona).

    Artículo 2.-Ámbito funcional.

    El presente convenio colectivo regulará las relaciones laborales de trabajo entre los propietarios de fincas urbanas, sean personas naturales o jurídicas (cooperativas, comunidades de propietarios, etc.), ubicadas en la Comunidad Autónoma de Cataluña y los empleados de la misma.

    Artículo 3.-Ámbito personal.

    Se entiende por empleados de fincas urbanas, a los efectos del presente convenio, a los denominados empleados de fincas urbanas; entiéndase por tales aquellos que, bajo la directa dependencia de los propietarios de las fincas urbanas o representantes legales de los mismos, tienen encomendados la vigilancia, cuidado, conservación y limpieza de ellas y de los servicios comunales allí instalados.

    Quedan excluidos del presente convenio:

    1. El personal de oficios varios que realice labor de conservación de fincas urbanas por cuenta y bajo la dependencia de los propietarios de la misma, tales como carpinteros, calefactores, albañiles, fontaneros y demás oficios, los cuales estarán sometidos, a todos los efectos, a los convenios correspondientes a su peculiar actividad laboral.

    2. El personal dedicado a la vigilancia, conservación y limpieza de fincas urbanas ocupadas totalmente por una institución, corporación o entidades análogas o por una empresa para desarrollar en ellas sus actividades propias, quienes se regirán por las normas específicas concernientes a cada una de tales actividades.

      Artículo 4.-Entrada en vigor y duración.

      El presenta convenio entrará en vigor, a todos los efectos, el día 1 de enero de 2001 y, su duración se extenderá hasta el 31 de diciembre de 2003, prorrogándose de año en año, por tácita reconducción, salvo que cualquiera de las partes firmantes del mismo solicitara su revisión por escrito con una antelación mínima de un mes a la expiración del mismo o de cualquiera de sus programas.

      Artículo 5.-Absorción y compensación.

      Las retribuciones establecidas en el presente convenio colectivo compensarán y absorberán todas las existentes en el momento de su entrada en vigor, cualesquiera que sean la naturaleza y el origen de las mismas.

      Los aumentos de las retribuciones que puedan producirse en el futuro por disposiciones legales de general aplicación, sólo podrán afectar a las condiciones pactadas en el presente convenio cuando, consideradas en su conjunto en cómputo anual, superen a las mismas.

      Artículo 6.-Comisión paritaria de convenio.

      Se crea una comisión paritaria de convenio como órgano mismo de arbitraje, conciliación, interpretación, mediación y vigilancia, integrada por tres miembros de cada representación, un presidente que lo será el del propio convenio.

      Domicilio de la comisión paritaria:

    3. Sección social:

      Asociación de empleados de fincas urbanas de Barcelona, c/ Ausias March, número 24, principal, Barcelona.

      CC.OO.: Vía Layetana, número 16-2.º , Barcelona.

      UGT: Rambla Santa Mónica, número 10, Barcelona.

    4. Sección económica:

      Associació Cambra d'Empresaris Titulars de Finques Urbanes. c/ Diputació 256 (bis) 2.º 2.ª, 08007 Barcelona.

      Associació Empresarial de Béns Inmobles de Catalunya. c/ Comte d'Urgell 70, 08011 Barcelona.

      Artículo 7.-Calendario laboral anual obligatorio.

      Cada año se confeccionará por el propietario de la finca, comunidad de propietarios o cooperativa, el obligatorio calendario laboral de acuerdo con la...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR