Convenio colectivo - Transporte de Mercancías por Carretera, Orense

Inicio de Vigencia 1 de Enero de 2010
Fin de Vigencia31 de Diciembre de 2011
Publicado enBoletin Provincial de Orense nº 174 de 31/07/2010

Convenio colectivo provincial de transportes de mercancías

por estrada da provincia de Ourense (2010-2011)

Artigo 1.- Ámbito territorial e funcional.

Este convenio será de aplicación en toda a provincia de

Ourense, para tódalas empresas e o seu persoal laboral, enca-

dradas nos seguintes apartados do acordo xeral para empresas

de transporte de mercancías por estrada e os seus grupos ou

categorías profesionais correspondentes:

a) Operadores de transporte

b) Transporte de mercancías

c) Transporte de mobles e mudanzas

As normas contidas neste convenio afectan a tódolos traba-

lladores fixos, eventuais ou temporais de calquera clase que

desempeñen as súas funcións nas empresas encadradas nos

apartados citados.

Quedan expresamente excluídos os profesionais contratados

para traballos específicos que, non tendo o carácter de fixos,

interinos, eventuais ou temporais realicen o seu traballo base-

ado na aceptación de minutas ou orzamento.

Artigo 2.- Vixencia e duración.

Este convenio entrará en vigor, para tódolos efectos, o día 1

de xuño de 2010, estendendo a súa duración ata o 31 de

decembro de 2011. Non obstante, o convenio prorrogarase taci-

tamente, se non é denunciado por algunha das partes con tres

meses de antelación, ó remate da súa vixencia.

Artigo 3.- Comisión Paritaria e AGA.

Crearase unha comisión paritaria que estará integrada por

cinco membros de cada unha das partes asinantes. Serán fun-

cións específicas da comisión mixta as seguintes:

a) Interpretación do convenio.

b) Vixilancia do cumprimento do convenio.

c) Establecemento de procedementos para soluciona-las dis-

crepancias no seo da propia comisión.

d) Establecemento de procedementos voluntarios de solución

de conflictos colectivos, concretamente ámbalas partes acor-

dan someterse ás disposicións contidas no AGA, Acordo inter-

profesional galego, sobre procedementos extraxudiciais de

solución de conflictos de traballo.

Artigo 4.- Compensación e absorción.

Tódalas melloras económicas e de traballo que se implanten

en virtude deste convenio serán compensables e absorbibles,

en cómputo anual e ata onde alcancen, con todas aquelas

melloras voluntarias que teñan concedidas as empresas, tanto

se son pagadas en metálico como en especie. Sen prexuízo da

facultade de amplia-las melloras establecidas neste convenio,

as empresas que lle aboen ó seu persoal salarios superiores ós

esixidos regulamentariamente, non estarán obrigadas a aplica-

las elevacións que se fixen nestas estipulacións, salvo na con-

tía necesaria para supli-las diferenzas.

As disposicións legais futuras que impliquen variación econó-

mica dalgún ou de tódolos conceptos retributivos, unicamente

terán eficacia práctica se, globalmente considerados e suma-

dos ós vixentes con anterioridade ó convenio, superaran o nivel

deste. No caso contrario, consideraranse absorbidas polas

melloras pactadas.

Artigo 5.- Período de proba.

A duración máxima do período de proba, que deberá de con-

certarse por escrito, será de 6 meses para os técnicos titulados

e de 2 meses para os restantes traballadores.

Artigo 6.- Ceses voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servi-

zo á empresa estarán obrigados a comunicarllo a esta, cumprin-

do os seguintes prazos de preaviso:

- Persoal titulado: 2 meses.

- Persoal técnico non titulado e administrativo: 1 mes.

- Persoal subalterno, aprendices e peóns: 15 días.

O incumprimento da obrigación de preavisar coa referida

antelación daralle dereito á empresa a descontar da liquidación

do traballador una contía equivalente ó importe do seu salario

diario por cada día de retraso no aviso.

Artigo 7.- Contrato para a formación laboral.

Debido ás necesidades de cualificación dos traballadores do

sector e de acordo co establecido no apartado c) do parágrafo

segundo do artigo 11 do Estatuto dos traballadores, segundo a

redacción dada pola lei 63/1997, a duración máxima dos con-

tratos de formación laboral realizados ós traballadores afecta-

dos por este convenio será de tres anos.

A dita duración máxima será aplicable tanto ós contratos asi-

nados a partir da entrada en vigor deste convenio como ós xa

vixentes con anterioridade.

Os traballadores contratados nesta modalidade, recibirán

durante o primeiro ano de vixencia do contrato, as retribu-

cións establecidas pola lexislación vixente e o tempo restan-

te pasarán a percibi-lo salario da categoría profesional á que

estiveran adscritos.

Artigo 8.- Contrato eventual por circunstancias da produción.

De acordo co previsto no artigo 15, 1, b) do Estatuto dos tra-

balladores e atendendo ás especiais circunstancias do sector, a

duración máxima do contrato eventual por circunstancias da

produción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos será

de 12 meses nun período de 18.

A dita duración máxima será aplicable tanto ós contratos asi-

nados a partir da entrada en vigor deste convenio como ós xa

vixentes con anterioridade.

Artigo 9.- Xornada laboral.

A xornada laboral será a establecida pola Unión Europea,

recollida na normativa vixente en tempos de condución e des-

canso (Regulamento europeo 561/2006).

Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 174 · Sábado, 31 xullo 2010

4

Artigo 10.- Licenzas.

Concederanse de acordo co establecido nas disposición legais

e serán:

a) 15 días naturais en caso de casamento.

b) 2 días en caso de nacemento de fillos, enfermidade grave ou

falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade

ou afinidade. Cando por tal motivo o traballador necesite facer

un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) 1 día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber ines-

cusable de carácter público ou persoal. Cando conste nunha

norma legal ou convencional un período determinado estarase

ó que esta dispoña en canto a duración da ausencia e a súa

compensación económica.

e) Os traballadores, por lactación de fillo menor de nove

meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que

poderán dividir en dúas fraccións de media hora. A muller, pola

súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución

da xornada normal a unha hora coa mesma finalidade. Este

dereito poderá ser gozado indistintamente polo pai ou a nai no

caso de que ambos traballen.

f) Os que por razóns de garda legal teñan ó seu coidado direc-

to algún menor de oito anos ou un discapacitado físico ou psí-

quico ou sensorial que non desempeñe outra actividade retri-

buída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo coa

diminución proporcional do salario entre un terzo e un máximo

da metade da duración daquela.

g) Para realizar funcións sindicais ou de representación do

persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 11.- Salario.

A táboa salarial do 2010, figura no anexo I, está formada polo

salario base mensual, gratificación de actividade e gratifica-

ción de transporte. Para o segundo ano de vixencia o incremen-

to será igual ó IPC real do 2010+0,75% (aplicable a salario base,

complemento de actividade e de transporte).

Artigo 12.- Antigüidade.

O convenio colectivo non inclúe, dentro da súa estrutura sala-

rial o complemento de antigüidade, por tanto, a configuración

deste complemento, queda establecida do modo seguinte:

Os traballadores contratados a partir do 1 de agosto de 2000,

non xeran aumentos periódicos polo concepto de antigüidade.

Tampouco xeran incrementos periódicos por antigüidade aque-

les que, aínda que foran contratados nun momento anterior,

non a adquiriran o 1 de agosto de 2000.

Aqueles traballadores que, na data de entrada en vigor deste

convenio, viñesen cobrando algunha cantidade en concepto de

antigüidade, manterana conxelada para anos sucesivos, como

complemento “ad personam”, percibíndose en columna salarial

independente e non sendo compensable nin absorbible con nin-

gún outro incremento do Convenio.

Artigo 13.- Gratificación de actividade.

Tódolos traballadores incluídos no ámbito de aplicación do

convenio percibirán, en concepto de gratificación de activida-

de, a cantidade mensual que, de acordo coa súa categoría pro-

fesional, se fixa na táboa salarial (anexo I).

Artigo 14.- Gratificación de transporte.

Tódolos traballadores incluídos no ámbito de aplicación deste

convenio percibirán en concepto de gratificación de transporte

a cantidade de 40,68 euros mensuais, (anexo I).

Artigo 15.- Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias de 30 días de salario

base e antigüidade consolidada, denominadas paga extraordi-

naria de xullo, paga extraordinaria de Nadal e paga de benefi-

cios ou paga de marzo.

A paga extraordinaria de xullo farase efectiva dentro do mes de

xullo, de acordo ós salarios vixentes o 30 de xuño inmediatamen-

te anterior. A paga extraordinaria de Nadal farase efectiva antes

do 22 de decembro de acordo cos salarios vixentes o 30 de

novembro inmediatamente anterior. Ámbalas pagas poderán ser

rateadas de mutuo acordo entre a empresa e o traballador.

A paga de beneficios ou paga de marzo, renderase de 1 de

xaneiro ó 31 de decembro de cada ano, facéndose efectiva

antes do día 15 de marzo do ano seguinte. Esta paga poderá ser

rateada naquelas empresas nas que ata a data o viñeran efec-

tuando ó longo do ano.

Artigo 16.- Traballos de categoría superior.

Se por conveniencia da empresa se destina un produtor a tra-

ballos de categoría superior á que teña atribuída durante un

período superior a seis meses nun ano ou a oito durante dous

anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso, ou, en calque-

ra caso, a cobertura da vacante. Durante o tempo de presta-

ción do servizo o traballador percibirá a retribución da catego-

ría á que circunstancialmente queda adscrito.

Artigo 17.- Traballos de categoría inferior.

Se por conveniencia da empresa se destina un produtor a traba-

llos de categoría inferior a aquela na que estea adscrito, isto só

poderá ser posible pola existencia de necesidades perentorias ou

imprevisibles da actividade produtiva e a mobilidade non poderá

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR