Convenio colectivo - Transporte de Viajeros en Autobús por Carretera, La Coruña

Inicio de Vigencia 1 de Enero de 2018
Fin de Vigencia31 de Diciembre de 2020
Publicado enBoletin Provincial de A Coruna nº 155 de 16/08/2018

Administración Autonómica

Xunta de Galicia

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Xefatura Territorial da Coruña

Servizo de Emprego e Economía Social

Resolución de inscrición e publicación do convenio colectivo de transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña 2018-2020

Logo de constituirse a comisión negociadora do convenio colectivo de transportes de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña, 2018-2020 (código de convenio 15001545011981), subscríbese con data 12 de abril de 2018 o convenio colectivo e solicítase a súa inscripción e publicación con data 1 de xuño de 2018.

Con datas 10 de xullo e 6 de agosto de 2018 achéganse alegacións ós requirimentos de datas 22 de xuño e 26 de xullo de 2018.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de octubre de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG Núm. 60 de 26 de marzo de 2013).

Considerando que a xefatura territorial de economía, emprego e industria de A Coruña é competente para resolver a inscripción do convenio colectivo de transportes de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña, 2018-2020 e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería de economía, emprego e industria (DOG Núm 18, de 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

  1. A inscripción do convenio colectivo de transportes de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña, 2018-2020 no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. A remisión do convenio colectivo de transportes de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña, 2018-2020 ó Boletín Oficial da provincia da Coruña para a súa publicación.

    A Coruña, 9 de agosto de 2018

    O xefe territorial de economía, emprego e industria

    Isidoro Martínez Arca

    CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN AUTOBUS POR ESTRADA DA PROVÍNCIA DA CORUÑA AÑOS 2018-2020

    Artigo 1.–Ámbito de aplicación.

    O presente convenio será de aplicación para todas as empresas e traballadores do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na provincia da Coruña.

    Este convenio concértase entre as seguintes partes:

    – Por unha banda polas Organizacións Sindicais:

    • CIG

    • CC.OO

    • UGT

    – Pola outra banda as Organizacións Empresariais:

    • FEGATRAVI

    • TRANSVIAC

    As Organizacións Empresariais asinantes teñen o 50,12 % de representatividade no seu ámbito e as Organizacións Sindicais o 100 %.

    Artigo 2.–Vixencia e denuncia.

    A vixencia do convenio será de tres anos: dende o 1 de xaneiro de 2018 a 31 de decembro de 2020.

    A denuncia do convenio farase por escrito con dous meses de preaviso. Unha vez denunciado o convenio colectivo, estará vixente nas súas cláusulas normativas até que sexa substituído por outro novo.

    Artigo 3.–Respeto de dereitos.

    Respetarase a todos os traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos que os concedidos por este convenio.

    Todos os conceptos salariais teñen carácter normativo e condición mínima indispensable, polo que tal garantía non pode ser afectada por pacto ou renuncia de calquera tipo cos demais efectos e durante os períodos establecidos no artigo 2.

    Artigo 4.–Táboas salariais.

    O incremento salarial para o ano 2018 será do 2,0 % con aplicación a todos os conceptos salariais e non salariais, con efectos a 1 de Abril de 2018.

    O incremento salarial para o ano 2019 será o I.P.C. do 2018 mais o 0,5 % con aplicación a todos os conceptos salariais e non salariais, con efectos a 1 de Xaneiro de 2019.

    O incremento salarial para o ano 2020 será o I.P.C. do 2019 mais o 1,0 % con aplicación a todos os conceptos salariais e non salariais, con efectos a 1 de Xaneiro de 2020

    As empresas veñen obrigadas a aboarlle 75 € a tódolos traballadores e traballadoras afectados por este convenio, en concepto de atrasos polo primeiro trimestre do ano 2018. Este abono efectuarase no mes seguinte á publicación deste convenio.

    Artigo 5.–Antigüidade.

    O persoal afectado polo presente convenio devengará as antigüidades dacordo coa táboa que segue:

    – Aos 2 anos, o 5 por cento do salario base

    – Aos 4 anos, o 10 por cento do salario base

    – Aos 9 anos, o 20 por cento do salario base

    – Aos 14 anos, o 30 por cento do salario base

    – Aos 19 anos, o 40 por cento do salario base

    – Aos 24 anos, o 50 por cento do salario base

    – Aos 29 anos, o 60 por cento do salario base

    Artigo 6.–Pagas extraordinarias.

    Establécense tres gratificacións extraordinarias, que se denominarán de Verán, de Nadal e de Beneficios, que se percibirán nos meses de Xullo, Decembro e Marzo en contía de 30 días de salario base e antigüidade das táboas salariais adxuntas.

    Artigo 7.–Plus convenio.

    As empresas aboarán un plus de 799,34 euros anuais, repartidos en 12 mensualidades de 66,61 euros, con efectos de 1 de Abril de 2018. Os anos 2019 e 2020 se incrementará según o disposto no art. 4.

    Artigo 8.–Plus consolidado.

    Os traballadores que, á sinatura do presente convenio, viñeran percibindo o plus de acumulación de descansos e redución do descanso entre xornadas establecido no artigo 12 do convenio colectivo do 1984, seguirán percibindo, a titulo individual, a contía de 0,92 euros por cada dia de traballo.

    O incremento salarial que procedera pasará a integrarse no plus convenio.

    As empresas que, no futuro, fagan uso da facultade establecida no artigo 9 do RD 1.561/95 aboarán dito plus, a título individual, aos traballadores afectados e durante o tempo que dura dita situación.

    Artigo 9.–Plus de condutor-perceptor.

    O condutor-perceptor, realice ou non simultaneamente as dúas funcións, percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complemento salarial de posto de traballo (plus de condutor-perceptor, PCP) en contía mensual do 20% de 22 días do seu salario base, como mínimo.

    A estrutura salarial para os condutores-perceptores conterá os conceptos que seguen:

    – Salario base, segundo as táboas salariais.

    – Antigüidade, segundo o establecido no artigo 5.

    – Plus convenio, nos contías do artigo 7.

    – Plus condutor-perceptor, segundo establece o presente artigo.

    – Plus quebranto de moeda, segundo o artigo 10.

    – Plus consolidado, nos termos recollidos no artigo 8.

    – Plus de interrupción de xornada, se procede, nos termos establecidos no artigo 15 f).

    O condutor percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un Plus de Actividades Complementarias coa contía de 89,76 euros mensuais con efectos do 1 de Abril do 2018. Os anos 2019 e 2020 se incrementará según o disposto no art. 4.

    A estrutura salarial dos condutores conterá os conceptos que seguen:

    – Salario base, segundo táboas salariais.

    – Antigüidade, segundo o establecido no artigo 5.

    – Plus convenio, nas contías do artigo 7.

    – Plus de actividades complementarias,segundo establece o presente artigo.

    – Plus consolidado, nos termos recollidos no artigo 8.

    – Plus de interrupción de xornada, se procede, nos termos establecidos no artigo 15 f).

    Artigo 10.–Quebranto de moeda.

    A gratificación especial de quebranto de moeda queda establecida en 34,08 euros con efectos de 1 de Abril de 2018 e a contía estipulada percibirase mensualmente. Os anos 2019 e 2020 se incrementará según o disposto no art. 4.

    Artigo 11.–Plus de compensación.

    Establécese un plus de compensación para o resto do persoal que non estea comprendido nas categorías de condutor-perceptor e condutor e que non tivesen outros pluses ou gratificacións, agás o plus de convenio ou o plus consolidado, que terá un importe de 78,22 euros mensuais con efectos do 1 de Abril do 2018. Os anos 2019 e 2020 se incrementará según o disposto no art. 4.

    A estrutura salarial para o resto do persoal, que non estea incluído nas categorías de condutor nin condutor-perceptor, conterá os conceptos que seguen:

    – Salario base, segundo as táboas salariais.

    – Antigüidade, segundo o establecido no artigo 5.

    – Plus convenio, nas contías do artigo 7.

    – Plus de compensación, segundo establece o presente artigo.

    – Plus consolidado, segundo establece o artigo 8.

    – Plus de quebranto de moeda, se procede, segundo o artigo 10.

    Os taquilleiros/as, cobrarán o plus de compensación a pesar do indicado no primeiro parágrafo.

    Artigo 12.–Dietas.

    As dietas que corresponden aos traballadores nos seus desprazamentos, ao servizo das empresas, serán de 41,42 euros, sen distinción de categorías con efectos do 1 de Abril de 2018. A chamada media dieta de xantar fíxase en 13,81 euros con efectos do 1 de Abril do 2018, correspondendo á pernoctación 13,81 euros con efectos do 1 de Abril do 2018.

    Fora de Galicia será de 52,25 euros a dieta completa con efectos de 1 de Abril do 2018 e de 17,42 euros a media dieta con efectos do 1 de Abril de 2018.

    Os anos 2019 e 2020 se incrementará según o disposto no art. 4.

    Dará dereito ao percibo de dieta completa a realización dun servizo que obrigue ao traballador a xantar, cear e pernoctar fora da súa residencia habitual.

    A parte de dieta correspondente á cea percibirase cando o servizo realizado obrigue a efectuala fora da súa residencia habitual ou, en todo caso, cando o produtor salga antes das 20 horas e regrese despois das 22 horas.

    A parte de dieta correspondente á pernoctación percibirase cando o servizo realizado obrigue a pernoctar e almorzar fora da residencia habitual e, en todo caso, cando por tal motivo o regreso se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR