Convenio colectivo - Técnicas Medioambientales, S.A. (TECMED) limpieza viaria y recogida de residuos sólidos del Ayuntamiento de Ribeira, La Coruña

Inicio de Vigencia 1 de Enero de 2001
Fin de Vigencia31 de Diciembre de 2003
Publicado enBoletin Provincial de Orense nº 193 de 23/08/2001

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa "Técnicas Medioambientales, SA" (TECMED) no centro de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos urbanos do Concello de Ribeira (código de convenio número 1503521), que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 26-07-2001, subscrito, en representación da parte económica pola empresa, e , da parte social, polo delegado de persoal, o día 31-05-2001, de conformidade co disposto no art. 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial,

Acorda:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta Delegación Provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de agosto de 2001.

A delegada provincial, p.s. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño), a secretaria provincial, Ana M.ª Lado Eiriz.

CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA "TECMED"

Artigo 1.-Ámbito de aplicación:

O presente convenio colectivo será de aplicación para tódolos traballadores/as da empresa "Limpezas TECMED, SA", que presten os seus servicios no centro de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos urbanos do Concello de Ribeira.

Artigo 2.-Vixencia, duración e prórrogas:

O presente convenio entrará en vigor, independentemente da data da súa sinatura, o 1 de xaneiro de 2001.

A súa duración será de 3 anos, ata o 31 de decembro do 2003.

A súa denuncia será de carácter automático.

As partes comprometense, tres meses antes do seu remate a inicia-las negociacións dun novo convenio.

Este convenio considérase automaticamente prorrogado durante o tempo que medie entre a data de expiración e a de aprobación do novo convenio ou norma que o substitúa.

Artigo 3.-Condicións máis beneficiosas:

Do non contemplado no presente convenio estarase ó disposto no convenio do sector ("Convenio general del sector de limpieza pública, viaria, riesgos, recogida, tratamiento y eliminación de residuos y limpieza y conservación del alcantarillado").

Artigo 4.-Absorción e compensación:

As retribucións establecidas no presente convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe destas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de aplicación xeral, só poderán afectar ás condicións pactadas no presente convenio, cando, consideradas, as novas retribucións en cómputo anual, superen ás aquí pactadas.

En caso contrario, serán absorbidas e compensadas por estas últimas, subsistindo o presente convenio nos seus propios termos e sen modificación ningunha nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5.-Comisión mixta de garantías:

Estará formada por 1 representante da parte económica e 1 representante da parte social, que será delegado de persoal. Ámbalas dúas partes poderán contar con asesores e xuntaranse a instancias de calquera delas cantas veces sexa preciso, debendo celebrarse a reunión dentro dos seguintes cinco días hábiles á convocatoria.

As súas funcións serán:

  1. -Interpretación auténtica da totalidade das cláusulas deste convenio.

  2. -Estudio e estimación das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio, que puidesen afectar ó seu contido.

  3. -Cantas outras actividades tendan a unha eficacia práctica do convenio e a unha mellor solución interna dos conflictos.

    As reunións da comisión paritaria non se descontarán do creto de horas sindicais.

    Artigo 6.-Interpretación e aplicación:

    As dúbidas e diverxencias que poidan xurdir sobre a aplicación deste convenio serán sometidas á comisión mixta paritaria antes de presenta-la reclamación pertinente ante o organismo competente.

    A dita comisión deberá emiti-la súa resolución nun prazo máximo de cinco días hábiles, a partir do día en que foi solicitado.

    As funcións e actividades da comisión mixta de garantías non obstruirán, en ningún caso, o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lei.

    ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

    Artigo 7.-Organización do traballo:

    A organización do traballo é facultade exclusiva da empresa.

    A empresa facilitará o exercicio do traballo de maneira que o persoal non sufra atrasos no desenvolvemento do seu cometido debido a persoas ou feitos alleos a dita empresa.

    Cada traballador/a realizará o traballo propio da súa categoría. Se por necesidade do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR