Convenio colectivo - Grupo de espectáculos y deportes de la provincia de A Coruña, La Coruña

Inicio de Vigencia 1 de Enero de 2001
Fin de Vigencia31 de Diciembre de 2002
Publicado enBoletin Provincial de Orense nº 201 de 01/09/2001

Visto o expediente do convenio colectivo do Grupo Espectáculos e Deportes da provincia da Coruña (código convenio 1500715), que tivo entrada nesta Delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 07-08-2001, subscrito, en representación da parte económica, polos representantes legais de A Solana, Real Club Náutico, Club de Golf e Club de Tenis, e, da parte social, polas centrais sindicais UGT, CC.OO., CIG, o día 10-07-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores; Real decreto 1.040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2.412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial

Acorda:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta Delegación Provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de agosto de 2001.

A delegada provincial,

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño), a secretaria provincial,

Asdo.: Ana Lado Eiriz.

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA O GRUPO DE ESPECTÁCULOS E DEPORTES DA PROVINCIA DA CORUÑA

Artigo 1.-Ámbito de aplicación.

O presente Convenio será de aplicación para as empresas e sociedades integradas no Grupo de Deportes da Provincia da Coruña e regulamentadas pola vixente regulamentación Laboral de traballo para os locais de Espectáculos e Deportes de 29-04-1950.

Artigo 2.-Vixencia.

A vixencia do presente Convenio colectivo será por tempo indefinido en tódolos seus contidos, ata que as partes decidan substituílo por outro negociado, en todo ou en parte, e de acordo co previsto no artigo 3 do mesmo, iniciando a súa vixencia o día 1 de abril de 2001.

Artigo. 3.-Denuncia a efectos de negociación.

Este convenio poderá ser denunciado por calquera das partes cada ano de vixencia, cun mes de antelación; se non fose denunciado entenderase prorrogado por iguais períodos sucesivamente. En caso de prórroga, actualizaranse tódolos conceptos económicos do mesmo no IPC do ano anterior máis dous (2) puntos.

Artigo 4.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de trinta e nove (39) horas semanais.

Establécese un descanso de trinta (30) minutos, computables como traballo efectivo, cando a xornada de traballo sexa continuada.

Artigo 5.-Cláusula de revisión.

No caso de que o IPC publicado polo INE ou organismo que o substitúa superase a 31 de decembro de 2001 un incremento do 2% con respecto ó 31 de decembro de 2000, efectuarase unha revisión salarial sobre tódolos conceptos económicos no exceso de devandita cifra. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de abril do mesmo ano, e para levalo a cabo tomarase como referencia os salarios utilizados para realizar os aumentos pactados para 2001. Ditas táboas revisadas tomaranse como base para a negociación do convenio colectivo para o 2002.

Artigo 6.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes:

- Matrimonio do productor: 15 días

- Enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos e alumeamento da muller: catro días

- Morte do cónxuxe, pais, fillos e irmáns: catro días.

Se o productor tivera que desprazarse fóra de Galicia, ditas licencias ampliaranse a sete días.

- Morte de pais, irmáns políticos de ámbolos dous cónxuxes, ou avós: dous días

- Morte de tíos, sobriños, netos, curmáns: un día

- Vodas de fillos ou irmáns: un día se é dentro da provincia e tres se é...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR